Este proxecto será grazas a vós!
Grazas ás veciñas e veciños pola súa participación xenerosa e intelixente!
Moitísimas grazas ás 123 persoas e 6 negocios que fixeron achegas!
AS RAZÓNS QUE TEMOS
A Entidade Local Menor de Vilasobroso logrou unha subvención de fondos Europeos para a restauración da envolvente térmica do antigo grupo escolar de Valiño. Unha demanda que a veciñanza leva reclamando moitos anos e que estamos a piques de lograr.
Serán máis de 400.000 euros que restaurarán integramente o fallado, o tellado, as placas do edificio, as paredes interiores e toda a carpintería exterior, e farán do emblemático grupo escolar un dos edificios de mellor eficiencia enerxética do país.
Ademais da subvención europea e da achega da Deputación, a Entidade Local Menor de Vilasobroso sufragou con fondos propios este proxecto pero
non é suficiente e precisamos a vosa colaboración
Fai a túa achega para poder facer realidade este soño. As doazóns son absolutamente voluntarias pero recomendamos un mínimo de 150 euros pois serán desgravables ata un 80% na vosa próxima declaración da renda.
Non dubidedes en poñervos en contacto coa Entidade por calquera cuestión ou máis información.
Non mires para outro lado!
ACHEGAS DAS ADMINISTRACIÓNS
